Videos das Xornadas Coruña Libertaria

Se vos perdestes as estupendas xornadas “Coruña Libertaria. Xornadas por unha memoria viva do anarquismo na Coruña” estades de sorte, esta é a vosa oportunidade: grazas as compañeirxs de Galizacontrainfo, que gravaron polo menos tres das actividades daquela semana, agora podedes visionarlas comodamente desde a vosa casa (ou desde o ciber, ou desde o bar, ou mentras prantades un pino se o preferides… vos mesmxs).

Aquí deixamos os vídeos, que dan testemuño do escelente sabor de boca que nos quedou a todxs xs que puidemos gozar daquela semana de charlas, poesía e roteiros. Unha homenaxe cara o pasado libertario dunha cidade que foi referente de loita e organización obreira en toda a península Ibérica. Homenaxe realizada sen o cheiro a naftalina das institucións, os museos, ou as aulas académicas, se non co corazón e a memoria dos herdeiros daquela tradición de loita, fraternidade e rebeldía.

Que as disfruteis con saúde… e anarquía:

Deixa un comentario