A policía frustra a okupación do Peleteiro na manifestación contra o desaloxo do Escarnio

Pasaban amplamente do milleiro as persoas que se deron cita este sábado ás 21h na Alameda compostelá para protestar polo desaloxo do C.S.O. Escarnio e Maldizer (crónica neste blogue aquí). A pesar de que o mando dos máis de 200 antidisturbios desprazados a Santiago tratou de pactar o percorrido cxs manifestantes, estxs saíron finalmente sen dar explicación algunha aos madeiros, do mesmo xeito que tampouco comunicaran a manifestación a ningunha autoridade. Tras dunha pancarta que rezaba “dez, cen, mil Centros Sociais” despregouse unha impoñente comitiva multicolor en dirección á Praza de Galicia, coreando consignas contra o desaloxo do Escarnio e de apoio á okupación en xeral.

Tras percorrer varias rúas da zona nova sen incidentes, sempre seguidos polo importante continxente policial e vixiados desde un helicóptero, a manifestación enfilou a rúa da república Arxentina, onde un grupo de encapuchadxs introducidxs previamente nas instalacións do colexio Peleteiro abriron as portas para recibir ao feliz xentío. Centos de persoas entraron ao patio do inmoble e, tras ler un comunicado, iniciaron unha asemblea espontanea sentadas no chan.
Sobre unha hora máis tarde, ás 23h, antidisturbios vestidos de faena (e todos sabemos cal é a súa faena…) cortaron a rúa por ambos extremos e comezaron a intimidar a multitude aínda concentrada diante do edificio. Unha sentada á porta mesma do antigo colexio tratou de frear o avance represivo, pero os antidisturbios arrincaron unhx a unhx xs solidarixs para ilxs empuxando fóra da zona acordoada. A violencia e o sadismo empregado nesta laboura foi moi superior a necesaria, supoño que aínda estarían doentes polos palazos recibidos o día do desaloxo. E é que a estes madeiros sobremusculados non lles gusta que lles paguen coa sua propia menciña (tanto ximnasio e tantas artes marciais para logo ter tan pouca deportividade).

Unha vez despexada a rúa, e tras haber aporreado gratuitamente a multitude de manifestantes, chegou o turno de desaloxar o Peleteiro, para o que utilizaron unha furgoneta policial colocada a carón da porta. Subidos sobre ela os antidisturbios dispararon pelotas de goma e gases lacrimóxenos contra xs okupas, sen que mediase ningún tipo de provocación previa. Unha vez dentro, as forzas represivas deron renda solta á súa condición, e novamente foron sacando unhx a unhx xs activistas que decidiran sentar no chan (tras tentar pactar infructuosamente cos madeiros a saída en grupo dxs manifestantes). Porrazos gratuítos, intimidacións de todo tipo, retorcimientos de boneca, puñadas, labazadas, arrastramentos polo chan… todo o covarde arsenal que ofrece a superioridade das armas contra as persoas prostradas e indefensas ao alcance do sadismo desmedido dos mercenarios do poder. Á fin e ao cabo para escoller certas profesións hai que ser dunha madeira especial… dunha madeira podre.

Segundo o atestado policial cento dazaseis persoas atopábanse no interior do inmoble, todas foron identificadas para poder multalas no futuro. Aproximadamente unha vintena foron trasladadas a comisaría para ser identificadas. Dúas persoas foron detidas, posto que se atopaban no alto dun teito desde o que se vía a rúa no momento da entrada dos madeiros e, a pesar de que non presentaron ningún tipo de resistencia, foron esposadas e conducidas a comisaria acusadas de “ocupación de inmoble e resistencia a axentes da autoridade”. Os detidos saíron finalmente ás tres e media da mañá entre o xúbilo xeral dun nutrido grupo de solidarixs que os esperaba á porta de comisaria. De xeito absolutamente inusual para un caso de okupación e resistencia, os telefonos móbiles dos dous detidos quedaron incautados en comisaría, pese ás protestas dos avogados que asistiron aos activistas. Evidentemente esta irregularidade pouco ten que ver co delito en cuestión e máis ben está relacionada coa intención por parte dos servizos de información da policía de espiar ilegalmente os movementos contestatarios.

E así rematou a xornada, que a pesar dun certo resaibo agridoce, froito das súas luces e as súas sombras, arroxa un saldo final dunha okupación frustrada, unha numero considerable de contusionados e represaliados nas filas dos manifestantes e unhas cuantiosas sancións administrativas e penais aínda por determinar… por non falar da revancha dos madeiros, que deron renda solta aos seus instintos sanguinarios sen recibir a contestación que claramente merecían. É por todo isto que non podo compartir o entusiasmo dalgúns dos presentes, que valoraron máis positivamente que eu o saldo da xornada. De todolos xeitos o masivo apoio á convocatoria, así como a entrega dos participantes, convidan claramente ao optimismo. Ademais, que hostias! había que intentalo!… e a próxima vez vanse cagar!

La rana Gustavo

O blog “Abordaxe!” publicou un excelente video de Galizacontrainfo dos sucesos da xornada -AQUÍ.

 

3 thoughts on “A policía frustra a okupación do Peleteiro na manifestación contra o desaloxo do Escarnio

  1. https://ogajeironagavea.wordpress.com/2017/06/13/adicado-com-enorme-carinho-para-aquelas-que-se-deixaram-a-pel-no-peleteiro-para-todas-as-mancadas-retidas-e-detidas/

    Mas, ao fio da crónica publicada em “A Irmandade da Costa”, semelha que tamém houvo, entre convocantes e participantes, quem manifestou seu entusiasmo polos desenvolvimento dos sucessos do Peleteiro; a todas elas, colo acá este vídeo dos Les Luthiers que me veu de jeito inevitável á minha memória quando soubem destes entusiasmos, porque como bem remata sua crónica meu compa da Irmandade: Ademais, que hostias! había que intentalo!… e a próxima vez vanse cagar!:

Deixa un comentario