Novo Blogue do C.S.O A Insumisa

Deixamos aquí a ligazón ao novo blogue do Centro Social Okupado A Insumisa da Coruña (rúa Metrosidero sen número, fronte á porta do cuartel de Atochas). Este novo soporte informático de difusión das actividades do prolífico Centro Social herculino súmase á páxina de facebook na que ata agora colgaban as súas actividades. Iniciativa moi loable, tendo en conta que o novo blogue alóxase nun servidor libre e alternativo, cousa que evidentemente non se pode dicir do seu émulo de facebook.

 

One thought on “Novo Blogue do C.S.O A Insumisa

Deixa un comentario