A Coruña: O “concello do cambio” multa sistemáticamente aos malabaristas da rúa

Segundo puidemos saber por testemuños directos dos afectados, a policía local da Coruña, que se atopa ás ordes da Marea Atlántica e a súa “nova forma de facer política”, multa de xeito sistemático aos malabaristas da rúa que se buscan a vida nos semáforos da cidade. E non estamos a falar dun feito illado, posto que temos coñecemento de polo menos tres persoas sancionadas a este respecto con multas de 100 e 150 euros. Dous destas persoas, ademais, foron sancionadas ata en tres ocasiones. A escusa esgrimida polos policías para multar aos malabaristas é a de que incorren en faltas contra a seguridade viaria por achegarse as portas dos vehículos mentres o semáforo permanece pechado.

E non creades que isto é un suceso á marxe da Marea Atlántica e a súa política do “bo rollito” xeneralizado, posto que polo menos un destes malabaristas achegouse ao concello e falou co alcalde, Xulio Ferreiro, ata en duas ocasións. Respondeulle con bonitas palabras e baleiras promesas que só cristalizaron en novas sancións cando volveu a buscarse a vida na rúa como boamente sabe. Pero claro, a quén lle importa un malabarista? si seguro que nin sequera vota. O “bo rollito” é estupendo, pero claro, moito mellor cando sae nos xornais. Se non de que?

E a ninguén debería de sorprender esta noticia tendo en conta que xa transcendeu na prensa comercial a desorbitada sanción de 1500 euros a un manteiro por vender paraugas nas rúas sen licenza municipal.

E eu non digo que a orde de multar á xente que se busca a vida veña directamente da alcaldía nin da súa flamante concellería de seguridade cidadá. Pero si un concello non é capaz de impedir que a policía local baixo as súas ordes sancione a aquelas persoas que nos alegran a todos a vida cos seus malabares e os seus sorrisos, entón para que carallo serve? Onde está o cambio?

Desengañádevos, de esquerdas ou de dereitas, bo rolleiro ou filo-fascistoide, o equipo municipal non fai outra cousa que xestionar a burocracia segundo o modelo social imperante. Dito noutras palabras: son os mordomos de Amancio Ortega e de todos os seus noxentos amiguetes do club de golf e a federación de empresarios. Ninguén vai cambiar nunca nada desde as institucións, pero estes nin sequera semella que o estean intentando moito. Eche o que hai.

2 thoughts on “A Coruña: O “concello do cambio” multa sistemáticamente aos malabaristas da rúa

Deixa un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.