Este xoves dende Bolivia teremos no C.S.O A Insumisa (rúa Metrosidero sen número, A Coruña) á xente de Teatro Trono, unha compañía de teatro autoxestionada que está de xira por España e Francia actualmente.
O evento consistirá nun taller de descolonización corporal, por Iván Nogales, que fai unha retrospectiva hacia a historia e o valor que representa o noso corpo na mesma. Propón un abanico de dinámicas para abordar un dialogo corporal sobre descolonización, direccionado a varios sectores.
A continuación, representaranse varias obras de teatro curtas en formato de pantomimas.
Agradécese a difusión!