“La Bruja y Don Cristóbal” no Ateneo Libertario Xosé Tarrío de A Coruña

Este venres 28 de Abril ás 20h, no Ateneo Libertario Xosé Tarrío de A Coruña (rúa “La Paz” nº16), poderedes disfrutar da representación da polémica obra de títeres “La Bruja y Don Cristóbal” a cargo da compañía “Títeres desde abajo”. A representación desta obra hai pouco máis dun ano en Madrid supúxolles aos dous membros desta compañía un kafkiano “via crucis” xudicial que os levou ao cárcere por decisión da Audiencia Nacional acusados de apología do terrorismo. De novo en liberdade, continúan representando a mesma función que supuxo un dos máis esperpénticos episodios da escalada represiva que desde o estado español emprendeuse contra toda disidencia baixo o paraugas da loita contra o terrorismo.

Deixa un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.