Calumnia que algo queda: continúa a campaña mediática contra a okupación

Suma e sigue: continúa a campaña de desprestixio mediático da okupación. La Voz de Galicia non perde un só día en seguir vilipendiando este fenómeno de redistribución da riqueza que ten o seu actual auxe na crise económica, crise que se cebou especialmente coas clases desfavorecidas. Pois non debemos esquecer que a xente que okupa normalmente non ten nada (ou polo menos non é capaz de acceder ao cada día máis caro mercado da vivenda) mentres que @s propietari@s de pisos okupados teñen polo menos dúas vivendas, e unha delas non a están a usar para nada (pois en caso contrario non sería unha okupación, senón un “allanamiento de morada” e a xustiza actuaría inmediatamente). Para máis inri debemos ter en conta que a gran maioría dos pisos desocupados son propiedade de compañías bancarias e fondos privados de investimento. Si, así é, son propiedade desas mesmas entidades que provocaron a crise económica precisamente inflando ata niveis estratosféricos os prezos das vivendas. D@s que conformaron unha burbulla financeira a base de egoísmo e malas prácticas que, cando estalóu, abocou a miles de persoas á ruína e a pobreza; forzando a moit@s del@s precisamente á okupación como único medio de procurarse un teito para si mesmas e as súas familias. Eses mesmos bancos que foron rescatados cos cartos de tod@s en múltiples ocasións mentres @s su@s directiv@s asignábanse liquidacións multimillonarias. Rescate que para nada repercutiu no común do cidadán, que se viu cada día máis empobrecido mentres asistía, atónito, ao inexplicable crecemento das grandes fortunas a costa, precisamente, da pobreza d@s de abaixo. Eses mesmos bancos que non dubidaron en expulsar das súas casas a miles de persoas que xa pagaran con creces o que lles prestaran, pero que, ao non poder facer fronte aos astronómicos intereses vitalicios cos que @s banqueir@s lles enganaran, víanse forzad@s a perder as súas casas mantendo ademais a débeda co banco. Pero hai daquel@ que pretenda vivir sen pagar nun deses pisos que agora os bancos acumulan á conta da pobreza do resto. Que a ninguén se lle ocorra mancillar o dereito á propiedade privada dos alicerces do capitalismo, pois o seu deber é morrer na indigencia a maior gloria do deus diñeiro sen enporcar os altares da sacrosanta propiedade privada.

Porque, desenganémosnos, @s propietari@s dos pisos okupados non son pobres ancianiñas sen recursos que tiñan a súa vivenda baleira porque baixaron a comprar o pan. Como tampouco @s okupas son mafios@s sicilianos que especulan coa propiedade d@s honrad@s traballador@s. Isto, no mellor dos casos, son desafortunadas excepcións nun panorama moito máis simple, prosaico e desolador: a okupación exércena @s pobres mentres que @s propietari@s dos pisos okupados son @s ric2s. Así de fodidamente sinxelo: quen se expón a unha condena xudicial e a unha elevada multa económica é porque non ten máis remedio e non pode pagarse un piso; e a quen lle okupan a súa casa é porque vive comodamente noutra e ten a segunda en estado de abandono (pois se non a estaría alugando). Aínda irei máis aló, máis do 80% da vivenda baleira é propiedade dos bancos ou ten hipotecas vencidas cos mesmos (polo que tampouco pertence xa @os seus antig@s propietari@s). E a campaña mediática omnipresente lanzada agora contra a okupación non ten outro fin que o de favorecer @os banqueir@s.

Esa é a razón de que La Voz de Galicia escriba unha e outra vez artigos tendenciosos contra a okupación: queren crear o clima adecuado para o endurecemento do código penal e a aprobación de leis destinadas ao desafiuzamento exprés que permitan @os banqueir@s, aos “fondos buitre” e @os ric@s propietari@s expulsar a okupas e moros@s nun santiamén e sen ningunha garantía social máis que a dunha cela nunha cárcere mercé ao endurecemento punitivo. Para dar exemplo a outr@s pobres de que coa propiedade d@s ric@s non se xoga.
E os grandes medios de adoctrinamiento de masas, os xornais e cadeas televisivas, non son inocentes vítimas dos intereses do capitalismo máis amoral e descarnado. Son unha parte indispensable da ecuación que prefabrica o consenso necesario para esta amputación de liberdades imprescindible para os intereses do gran capital. Son a anestesia que precede ao escalpelo que extirpará os nosos dereitos, que cercenará as precarias posibilidades coas que a xente se garantía a si mesma o que a constitución proclama pero a lei amputa: o dereito a unha vivenda digna.
Pero os grandes medios dirán que non. Que eles só fan o seu traballo. Que eles se dedican a informar. Pero o certo é que o que están a facer é manufacturar un consenso. Precocinar a opinión pública. Moldear o subconsciente colectivo. Miles de pequenas noticias maliciosamente manipuladas para ir bombardeando aos poucos a opinión do cidadán. Recorrentes mentiras e medias verdades que se gravan lentamente nas retinas d@s telespectadores, inducindo unha opinión xeral diferente á que previamente se tiña sobre o asunto. Goebbels aplicouno á perfección na Alemaña nazi, e desde entón é coñecido como o “síndrome de Hitler”: unha mentira repetida ben alto mil veces acaba converténdose nunha verdade. A prensa do estado español tomou boa nota.
Pero claro, @s xornalistas das grandes cabeceiras mediáticas revolveranse nas súas cómodas poltronas (pagas polos grandes holdings financeiros) e invocarán airados a independencia informativa e a liberdade de expresión. E eu me descojono. Falar hoxe en día de “prensa libre” é coma se no medievo a igrexa reclamase a “liberdade de culto”. A liberdade d@ todopoderos@ fronte ao desposuído xamais se pode invocar como sinónimo de xustiza. Nada hai hoxe en día menos libre que a prensa. Nos tempos de Franco polo menos a censura era un feito á vista de todos; hoxe en día a manipulación informativa ampárase tras da xustiza, o dereito e a democracia para facer o mesmo sen que ninguén se dea conta.
E que podemos facer nós desde un pequeno blogue contra o consenso dos medios. Nada, o de sempre, molestar, denunciar… darlle ao sistema a aparencia de libre e tolerante porque nos permite falar a condición de que apenas nos escoite ninguén. Pero aínda así seguiremos berrando ben alto, seguiremos loitando hoxe e sempre para que eses malnacidos non se saian coa súa. Seguiremos conspirando por facer deste un mundo mellor, sen pobres nin ricos, sen poderosos nin desposuídos, con verdadeira liberdade e con comida e teito para tod@s… e a prensa e @os banqueir@s ben lles podían dar polo cú,.

Deixa un comentario