E finalmente a Santa Cona saiu de procesión

Pois si, así é, a pesar da prohibición expresa da delegación do goberno, que mandou os seu gorilas uniformados a impedir o pasado xoves a procesión da Santa Cona, este domingo, último día da semana santa, final e felizmente, a venerada imaxe da máis santa das reliquias saíu a pasear entre o xúbilo unánime d@s su@s devot@s.
Aquí deixamos a crónica do noso reporteiro:
“A procesión da Santa Cona, tras ser censurada, fai percorrido pola cidade de A Coruña.
O venres 14 de abril varias persoas intentaron sacar a pasear unha vulva xigante de poliespán semellando á Virxe María como símbolo de empoderamento da muller frente a séculos de opresión perpetuados pola Igrexa (entre outras institucións), xa que por moito que intenten convencernos do contrario, este segue sen ser un Estado aconfesional. Por isto, a procesión non ten que interpretarse só como unha queixa á Igrexa, se non tamén ao Estado e o capitalismo que van sempre da man (se non como se explica que a Igrexa leve máis de 150 millóns de euros ó ano só en IRPF).
Pois ben, o pasado venres 14 ás 20:00 na Praza do Obelisco, onde se tiña pensado comezar esta procesión, había varios furgóns de policías e axentes da lei e o orde identificando por doquier ós transeúntes que pasaban por alí e sen deixar sacar o altar coa cona.
Sucedido isto, intentouse saír do Campo da Leña, pero para cando a xente chegou, xa estaban outra vez os corpos represivos do estado dispostos a cargar se fora necesario.
Por isto, tívose que pospoñer ata a noite do domingo: de maneira máis improvisada e, polo tanto, cun menor número de xente, saíron do Campo da Leña a iso das doce e algo varias persoas con capirotes, algunha antorcha e, como non, o altar coa Santa Cona.
Hoube sorte, pois en ningún momento interrumpiu a policía e se cortaron con éxito algunhas rúas como a Rúa Orzán, Santo Tomás ou Panaderas mentres a xente a ámbolos lados da rúa vían a súa noite animada a xulgar polas palmas, risos e coros que facían á procesión, tales como: “fora rosarios, dos nosos ovarios”, “imos queimar a conferencia episcopal por machista e patriarcal” ou míticas cancións da “cona da vella”. Ata chegouse a sumar xente que estaba de festa!”

One thought on “E finalmente a Santa Cona saiu de procesión

Deixa un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.