Os titiriteros represaliados pola Audiencia Nacional de xira por galicia

«Títeres desde abajo» a compañía de titiriteros que foi involuntaria protagonista dun dos episodios represivos máis surrealistas e kafkianos dos últimos tempos, representará estes días a súa polémica obra «La bruja y Don Cristobal» por terras galegas. Por facer esta mesma obra hai pouco máis dun ano en Madrid, a Audiencia Nacional decretou o seu ingreso en prisión sen fianza. Un cartel exhibido na mesma coa lenda «GORA ALKA-ETA», que precisamente pretendía denunciar o «tótum revolútum» da orxía antiterrorista do estado español, foi o detonante do seu absurdo encarceramento. Este caso representou á perfección a escalada punitiva que, baixo a escusa da persecución da pantasma terrorista, está a servir para perseguir a disensión ideolóxica e calquera comentario contrario ao réxime totalitario que se cerne cada día con máis forza sobre as nosas cabezas.
Tras a súa absolución por parte da audiencia nacional, agora «Títeres desde Abajo» representarán a súa obra por terras galegas. Concretamente en Allariz, Ponteareas, A Guarda, Vigo, Compostela, Ferrol, Coruña e Lugo. Aquí deixamos o cartaz.

Deixa un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.