A policía impide a realización da “Procesión da Santa Cona” na Coruña

Un forte dispositivo policial despregado en torno o Obelisco da Coruña impediu, o pasado venres, a celebración do acto satírico da “Procesión da Santa Cona”. Policías antidisturbios repartidos pola zona identificaron as persoas que xulgaron sospeitosas de querer participar na protesta e impediron que se descargase da furgoneta o cona de porexpan motivo central da performance. Portaban un documento expedido pola delegación do goberno que declaraba ilegal o evento devido a sua perigosidade, sumado ao feito de non ter comunicación previa, razón pola que ameazaron con multar a todos os presentes e empregar a forza ao menor intento de comezar o acto.

Tras da identificación de moitxs dxs asistentes e despois de interceptar o vehículo no que se trasladaba o atrezo para a protesta sen que se puidese sequera achegar ao lugar do acto, non quedou outro remedio que desconvocar a procesión reivindicativa, que fora convocada poucos días antes desde as redes sociais.

Unicamente puidéronse repartir panfletos entre os transeuntes, rivalizando nesa laboura cun grupo cristián que se desprazou ata o lugar con idéntico fin e antagónicas razóns.

Horas despois, no C.S.O. A Insumisa, realizouse sen contratempo a “festa da Santa Cona” presidida pola xigantesca vulva de porexpán protagonista de todo este curioso sainete.

2 thoughts on “A policía impide a realización da “Procesión da Santa Cona” na Coruña

Deixa un comentario