Procesión da Santa Cona (A Coruña)

Facémonos eco da seguinte convocatoria que chegou ata nós:

O vindeiro venres 14 de Abril ás 20h no Obelisco da Coruña terá comezo o percorrido da Procesión da Santa Cona.

A Semana Santa chegou ás nosas ruas para ensalzar a historia e a tradición da nosa Santa Cona. Despois de séculos de opresión, reivindicamos a nosa sexualidade e os nosos corpos e as nosas vidas como mulleres libres.
A Igrexa é un dos grandes motores que alimentan a gran maquinaria do patriarcado e do capitalismo; fomentando diversas prácticas como a estigmatización do aborto, a prohibición de métodos anticonceptivos, o amor romántico, a familia heteronormativa, a criminalización dos nosos corpos e do noso pracer fortalecendo os roles de xénero e outorgándolle as mulleres o papel de coidadoras e de recipientes pasivos de pracer.
Non hai que esquecer que a Igrexa vai da man do Estado recibindo subvencións e adoctrinando á parte do sistema educativo nun país teóricamente aconfesional e beneficiádose de ata 159 millóns de € só polo IRPF ao ano.
Por iso e por moitas cousas máis cremos e difundimos a necesidade, facendo este chamamento, de servirnos das ferramentas posibles para sacar a Igrexa dos nosos úteros e das nosas vidas. Ferramentas tales como a apostasía, o traballo de consciencia e de deconstrucción individual e social que nos permita fuxir do inconscientemente interiorizado, a creación de espazos de afinidade, o cuestionamiento de todo dogmatismo relixioso, a nosa educación e a das nosas fillas así coma a de todas

AS CONAS INSUMISAS.

 

 

 

2 thoughts on “Procesión da Santa Cona (A Coruña)

Deixa un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.