Morre a incombustible anarquista coruñesa Joaquina Dorado a piques de cumprir 100 anos

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Joaquina Dorado morreu en barcelona o mes pasado. En xuño cumpriríase un século do inicio do seu azaroso e combativo paso polo mundo. Nacida no barrio coruñés de Santa Lucía, a súa vida, como a de tantxs outrxs, representou en sí mesma a heroica traxedia da revolución española e a dxs seus protagonistas, eternxs perdedorxs, sempre vencidxs pero nunca xamais sometidxs nin derrotadxs.

A guerra civil pillouna en Barcelona, onde combateu na toma do cuartel de Atarazanas. Membro de C.N.T. e das F.A.I. ocupou o cargo de secretaria administrativa do sindicato da madeira. Durante a contenda estivo a piques de facerse piloto de avións de combate. Coñeceu ao que desde entón sería o seu compañeiro, Liberto Sarrau, nos sucesos de maio en Barcelona, onde defendeu as barricadas da telefónica do golpe de estado comunista que desde entón afianzaría a súa hexemonía nas filas republicanas.

Tras da guerra fuxiu a Francia, onde escaparía de varios campos de concentración. Retomou contacto co activismo libertario en Toulouse, en 1946, fundando o “grupo tres de maio”. Volve entrar en España onde se involucra na loita clandestina. Detéñena en varias ocasións, pasando polo cárcere, e perde un ril por mor das intensas torturas que a piques estiveron de matala. Nos cincuenta coñeceu e colaborou co mítico guerrilleiro Quico Sabaté. Baixo o pseudónimo de “Nuri” participou nas accións de guerrilla urbana anarquista entre o 55 e 57, fuxindo ese mesmo ano a Francia con “El Quico” coa policía pisándolles os talóns. Alí viviu co seu compañeiro Liberto Sarrau ata a morte deste no 2001.
Terminou os seus días na Cidade Condal, sen ocultar a súa morriña polas terras que a viron nacer, ás que non puido volver, a pesar do seu desexo, devido ao seu delicado estado de saúde.

Desde a Irmandade da Costa queremos renderlle a nosa pequena homenaxe libertaria a esta incombustible loitadora pola liberdade, compañeira na Idea e paisana nosa baixo a luz da Torre de Hercules. Que a terra che sexa leve!!

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Noticias nos medios:

La Opinión

Praza

Deixa un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.