A portavoz do P.P. na Coruña, imputada no seu día por prevaricación, ofrece rolda de prensa na porta da “INSUMISA”

Así están as cousas, Rosa Gallego, portavoz local do P.P. e no seu día investigada por prevaricación e por conexións coa trama “Pokemon”, dá agora leccións de civismo nunha rolda de prensa diante da okupa herculina “A Insumisa”.

Rodeada por un reducidísimo grupo de veciños, que pola súa idade deberon ser das mocidades falangistas alá por 1936, dedicouse a despotricar contra @s okupas por facer concertos ilegais, festas ilegais, obras ilegais, conexións eléctricas ilegais, barras de bar ilegais… (todo bastante obvio tendo en conta que a okupación é xa de seu ilegal). Tamén arremeteu contra Marea Atlántica por supostamente consentilo e permitilo, o que supón un exercicio de amnesia considerable, tendo en conta que durante o goberno do P.P. a okupa “C.S.O. A Casa dás Atochas” funcionou durante tres anos con perfecta normaidade sen que o consistorio fixese nada por impedilo, e iso que daquela facían exactamente as mesmas ilegalidades, se non máis, das que agora denuncia na Insumisa.

Minte esta muller, repetindo o omnipresente mantra popularizado por “La Voz de Galicia”, ao dicir que o concello gastou “7000 euros dos cidadáns en mellorar as condicións urbanísticas dos okupas”. Independientemente da extrañeza que nos poida dar a expresión “as condicións urbanísticas dos okupas”, resulta que é mentira que o concello fixese tal cousa, pois o que fixo realmente foi derribar un edificio ruinoso, que xa tiña orde de derriba antes da okupación, e que desprendía cascotes sobre a rúa, co perigo que iso conlleva para os viandantes (xa sexan okupas, paguen o seu alugueiro, teñan vivenda en propiedade ou vivan debaixo dunha ponte). E dándose ademais o caso de que o edificio en cuestión está fóra da zona utilizada polos okupas. Isto xa foi desmentido no seu día pola asemblea do C.S.O. A Insumisa no seu último comunicado.

Tamén fai referencia, a nosa falaz portavoza, a unha partida presupuestaria dun millón trescentos mil euros recientemente liberada por fomento para acometer obras no solar, o que esixiría a expulsión dos okupas. Pois se dá o caso de que esta partida presupuestaria estaba completamente paralizada e non tiña viso algún de liberarse durante moitísimo tempo. Pero parece que as presións do P.P. para cos seus compinches no goberno central tiveron os seus froitos, e agora se desbloquea este orzamento esquecido “sine díe”, xusto logo da okupación do inmueble. Así que no mellor dos casos, haberá que agradecerlles  aos okupas que, na guerra do P.P. contra a Marea, sirvan para desbloquear 1.300.000 euros que agora funcionarán como metralla electoral, salpicando a “Marea Atlántica” cun conflicto inesperado estoupándolle pola esquerda.

E o máis curioso de todo é que Rosa Gallego pretenda dar leccións de civismo e honradez, tendo en conta que no seu día declarou como investigada no xulgado, cando unha implicada na trama Pokemon acusouna de prevaricación e acoso laboral. Entre outras cousas a acusaba por ignorar o roubo de expedientes e destrución do disco duro dunha funcionaria implicada na trama. Pero agora, a que foi concelleira no corruptísimo goberno de Negreira, enarbola a bandeira da ética e a moralidad para cargar contra un Centro Social Okupado, xestionado de forma asemblearia e participativa a base de traballo gratuito e voluntario para encher de actividades culturais, lúdicas e deportivas, todas abertas e sen ánimo de lucro, a cidade da Coruña.

E os medios comerciais de información, coma sempre, ao servizo do que paga. E así nos vai…

 

2 thoughts on “A portavoz do P.P. na Coruña, imputada no seu día por prevaricación, ofrece rolda de prensa na porta da “INSUMISA”

  1. Só engadir que o gasto do derrubo da nave en ruínas correu a cargo do ministerio de defensa, pola execución subsidiaria que se acordou entre o concello e o ministerio antes de que o cso se abrise. É dicir, que a administración da Coru, nen@, non gastou un peso.

Deixa un comentario